Con moita pena de diversos órgaos, vémonos na circunstancia de adiar o evento da performance literaria no Café Bar Trece de Quico Cadaval, por circunstancias insalvables. Agradecémosvos a todas e todos a vosa boa recepción e quedamos comprometidos a vos convocar nunha data o máis inmediata posible. Con todo, o autor almorzará mañá na nosa querida taberna de Santa Clara para consolar a propios e estraños por este inesperado e inevitable adiamento. Por certo, como está a política?
Posts Tagged ‘O Lapis do Taberneiro’
Adiamento da performance do Quico Cadaval
Febreiro 20, 2013Etiquetas:Café Bar Trece, O Lapis do Taberneiro
Publicado en Novas | Leave a Comment »
22 Romances Inconclusos
Febreiro 19, 2013A colección “O Lapis do Taberneiro” ten o pracer de presentar a performance literaria do dramaturgo e contador Quico Cadaval, quen durante o día 20 de Febreiro, estará presente no Café Bar O Trece desde primeira hora da mañá até o último minuto do día escribindo o que será o sétimo número da colección. Acubillado na popular mesa do fondo da taberna, o autor terá por volta de quince horas para escribir “22 Romances Inconclusos” a partir das voces, ideas e visións que lle pasen polos miolos entre cafés, viños e tapas de xamón.
A performance será retransmitida en streaming a través da canle de You Tube “Grenlandia Ceibe”, ligada desde este evento a partir das nove da mañá e desde as contas no FB do propio autor e de Carlos Santiago, editor da colección impulsada polo Café Bar Trece.
Cadaval vén engrosar así a lista de autoras e autores da colección máis tabernaria da literatura galega, xunto de Mingolo Alborés, Raquel Miragaia, Carlos Meixide, Marga Alborés, Sechu Sende ou o propio Carlos Santiago. A colección, completamente esgotada nos seus anteriores números, vólvese relanzar coa aposta do autor ribeirán pola arte do relato instantáneo, nunha performance case warholiana: máis de 15 horas de escrita sobre a mesa dunha taberna.
Os “22 Romances Inconclusos” entrarán no prelo acto seguido e serán publicados nas vindeiras semanas.
Etiquetas:Café Bar Trece, Galiza, Literatura, O Lapis do Taberneiro
Publicado en Novas | Leave a Comment »