Catro cartas con Mingolo

Setembro 29, 2009

O Autor

O Autor

Para ir salpimentando a presentación do xoves 1 de Outubro, falamos con Mingolo Alborés, autor de Trece Xogos, o segundo número do Lapis do Taberneiro. Desde Bertamiráns, onde traballa na dura administración do ben público galaico, contestou ao noso cuestionario tabernario de urxencia. O Xoves, no Café Bar Trece, na Rúa de Santa Clara en Santiago, ampliará preguntas e respostas á partir das 20:00h xa entre pipotes abertos. Ler o resto desta entrada »

Advertisements

Os Trece Xogos de Mingolo Alborés

Setembro 17, 2009
Le a novela en Calaméo

Le a novela en Calaméo

Tras o primeiro número da colección O Lápis do Taberneiro, o Acantinado de Carlos Santiago, chegan os Trece Xogos de Mingolo Alborés, outra micronovela tabernaria editada polo Café Bar Trece e a Editorial Danú, un pequeno thriller tecido entre cartas, dados e boletos de bingo ao calor de viños e gin tonics. Como é costume, hai versión en rede ao voso dispor. É só premer na imaxe.

A presentación de Trece Xogos terá lugar no Café Bar Trece, Rúa de Santa Clara 13 en Santiago, o vindeiro 1 de Outubro ás 20:00 h e contará coa presenza do autor.