Editorial Danú
Danú nace coa intención de contribuír á edición do libro galego e que as súas publicacións favorezan o proceso de normalización da lingua galega, e apostar decididamente pola creatividade dos nosos escritores e escritoras. Sobre todo, pola potenciación dos xéneros considerados como menos rendibles, pero que nós consideramos fundamentais á hora de contribuír ao desenvolvemento dun sistema literario propio, como é o galego.
Cremos que ninguén sobra á hora de pensar e facer país, polo que abrimos as nosas portas a quen queira traballar por unha maior difusión cultura, e por unha literatura en lingua galega máis normalizada que incorpore novos valores, e que fomente os autores considerados como clásicos. Danú non irrompe ás cegas no mundo do libro galego. Sabemos onde imos, coñecemos a realidade cultural en que nos movemos e pretendemos achegar, modestamente, o noso traballo e os nosos soños para que, anualmente, a lingua galega conte cuns cantos libros máis.
Rúa Tras do Pilar, nº 6-2º
15706 A Coruña
Tel.: 660 608 411
Fax: 981 570 586
editorialdanu@gmail.com
Deixar unha resposta