Café Bar O Trece

O local no mapa

O local no mapa

Deseñado polo arquitecto Pedro de Llano e rexentado por José Silva, o Trece é paradigma da nova taberna galega. Unha notábel carta de viños e un ambiente de grande vivacidade cultural, no que se forxou a singular alianza entre literatura e taberna da colección O Lapis do Taberneiro, coa publicación do primeiro número, Acantinado, de Carlos Santiago, en Febreiro de 2009, escrito íntegramente nunha das mesas do bar.

O Trece forma parte da Asociación de Veciños As Dúas Marías, que vén de dar novo pulo nos últimos anos ao barrio do Espírito Santo, recuperando a súa festa tradicional, datada na primeira semana de Setembro, e que xa logrou o seu propio espazo no calendario festeiro compostelán.

Situado perto do Centro Social O Pichel, o Trece é lugar de encontro de veciños, artistas e activistas sociais en alegre confusión. Tapas excelentes e xenerosas e un trato de enxebre amabilidade.

Na Rúa de Santa Clara, 13, en Santiago de Compostela.

E-mail: cafe.bar.13[a]gmail.com

Advertisement

2 Respostas to “Café Bar O Trece”

  1. Claudia Fidalgo Says:

    CONCENTRACIÓN CASA DAS CRECHAS
    VENRES, 19 DE NOVEMBRO
    22:00 HORAS
    DIANTE DE CASA DAS CRECHAS

    Na defensa dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, contra o abuso da patronal, contra a precariedade na hostalará, pola dignidade da clase obreira.

    A loita continúa!!!

    Claudia Fidalgo

  2. cineclube de compostela » Blog Archive » Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011) Says:

    […] nas proxeccións do Cineclube de Compostela, na libraría Couceiro, no CGAC, en Discos Gong, no café-bar 13, no Malas Pécoras, n’As Dúas e na Gentalha do Pichel, ou ben enviando un correo […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: