A Colección

lapisO Lapis do Taberneiro é unha colección de literatura tabernaria que ten por lema “relatos de taberna para ler na taberna” coeditada polo Café Bar Trece e a Editorial Danú nos primeiros números e a partir do terceiro en colaboración con Edizer SCP,  con deseño gráfico de Pancho Lapeña. A colección iniciouse en Febreiro de 2009 coa publicación de Acantinado, de Carlos Santiago, micronovela escrita no propio local e que definiu as premisas editoriais.

O Lapis do Taberneiro iniciou así a súa andaina propoñendo o reencontro entre a literatura e a taberna, e reivindicando a filosofía editorial do “copia, pega, inventa, faino ti mesmo”. Todos os libros que se veñan a editar na colección terán a particularidade de estaren escritos e editados nunha taberna ou recinto semellante, seren edicións de peto en formato de oito por trece e non teren máis de noventa e seis páxinas, de maneira a poderen ser lidos en a penas dous viños e medio.

Os números véndense a prezo reducido na taberna editora, na Rúa de Santa Clara 13 en Santiago de Compostela, e contará con distribución nas librarías. Toda a colección estará a disposición en rede, na editora virtual Calameó.

Advertisement

4 Respostas to “A Colección”

  1. David Brown Says:

    You do know what you’re doing, so keep at it.
    Thank you!

    David.

  2. An Says:

    E si quisexe facervos chegar un texto…como tería que facer? Perdoade a molestia.

  3. Xian Says:

    Eu também gostava de saber o mesmo que dixo An, 😉
    Obrigado! E parabéns polos livros, parece-me umha iniciativa estupenda!

  4. Tato Says:

    Ler unha novela en dous viños e medio, ese é o truco do taberneiro: a fin, sonche tres viños. Cada viño custa 1, 20 €, poñamos…son 3, 60 €. E máis o prezo do libro. En fin, rametas pagando a botella, que son tres cuartos.

    Eu fixen a proba no bar. Pedín unha copa e lin durante ese tempo 30 páxinas. O taberneiro olloume mal, e recunquei, pero xa estaba medio losqueado – era viño de barrantes- e só lin 25 páxinas. O teberneiro caseque me invita á terceira cunca de viño, non quien. Na terceira lectura foron, 20 páxinas…. restaba un feixe y tiven que beber o a botella enteira. Ler e emborracharse…fermosa mestura.

    Parabéns polas novelas! Son xeniais!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: