Primavera de Carlos Meixide

A novela en Calaméo

Xa ben andada a estación vai saír do prelo a cuarta entrega da indómita colección de novelas tabernarias editada polo Café Bar Trece e Edizer SCP, O Lapis do Taberneiro, desta volta asinada por Carlos Meixide, en veloz homenaxe desta primavera inestable na que moitas tabernas do país aproveitan o mínimo claro no ceo para ateigar a rúa de terrazas. Primavera é un relato inzado de humores e ironías no que a clientela dunha taberna celebra as temperaturas en alza e as primeiras raiolas da estación con profusión de alcoholes e parolas.

Carlos G. Meixide, escritor, xornalista e artista, suma así á súa carreira literaria esta pequena xoia narrativa onde volve botar man do diálogo áxil e brillante, como xa fixera na súa primeira novela, O Home Inédito, publicada por Edicións da Rotonda en 2005, unha historia de amor, humor e sexo ambientada no New York post 11-S. De New York a Compostela, o autor explora agora o agromar de emocións e pensamentos nunha taberna da zona vella, no primeiro día primaveral do Ano Xacobeo. Primavera é un retrato coral da vida urbana na capital galega, aberto a encontros inesperados e bebedeiras antolóxicas capaces de convocar a gargallada colectiva.

Como é xa tradición, a presentación de Primavera, integrada nas Festas Populares 2010 de Compostela, terá lugar o vindeiro xoves, día 20 de Maio, no Café Bar Trece, na Rúa de Santa Clara, contando coa presenza do autor e outros artistas convidados. O mesmo día será presentada tamén a segunda edición do primeiro número, o Acantinado de Carlos Santiago, que abría a colección do Lapis do Taberneiro a principios do 2009, esgotándose apenas nun mes e con máis de nove mil lecturas na rede. Tanto a Primavera de Carlos Meixide, o Décimo Terceiro Mês de Raquel Miragaia, os Trece Xogos de Mingolo Alborés, como esta segunda edición do relato de Carlos Santiago, encóntranse disponíbeis en libre distribución no site de publicacións Calaméo.

Advertisement

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to “Primavera de Carlos Meixide”

  1. Así foi unha sesión de Entroido | picaversos Says:

    […] Galego Carlos Meixide deu lectura aos fragmentos máis líricos das súas obras O home inédito e Primavera, ademais doutras xoias xornalísticas e literarias, como esta de Francisco Añón… […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: