Catro cartas con Mingolo

O Autor

O Autor

Para ir salpimentando a presentación do xoves 1 de Outubro, falamos con Mingolo Alborés, autor de Trece Xogos, o segundo número do Lapis do Taberneiro. Desde Bertamiráns, onde traballa na dura administración do ben público galaico, contestou ao noso cuestionario tabernario de urxencia. O Xoves, no Café Bar Trece, na Rúa de Santa Clara en Santiago, ampliará preguntas e respostas á partir das 20:00h xa entre pipotes abertos.

Non sei se esta é a túa primeira publicación como escritor, pero seguro que aos lectores lle encantará saber quen é o home que está detrás da mesa a repartir as cartas. De onde che vén o impulso literario?

Podería dicirse que, aínda que hai algo máis editado, esta é a primeira publicación que merece a pena sinalar. O cuprier que reparte as cartas é un home valente (hai que selo para atreverse a publicar algo), bastante truán e fulero, pero que intenta sacarlle a chispa ás bazas interesantes da vida; aínda cando vaia perdendo a partida. En canto ao impulso literario, para min escribir é un pracer que, penso, vén dunha impronta familiar. Dende neno vin gozar coa escritura á maior parte da miña familia, meus irmáns, meu pai… Supoño que me picou a curiosidade e acabei encontrando unha excelente forma de desafogar sensacións e sentimentos.

Historias de taberna. Un vello xénero. Pensas que os contos de taberna sobrevivirán cando o goberno nos prohiba fumar e beber nos bares?

Penso, e confío niso, que os contos de taberna, o viño e o fume do tabaco sobrevivirán moito máis que os propios gobernos; de feito, no meu xeito libertario de pensar, concíbese un mundo sen gobernos, pero non un mundo sen tabernas. E ten lóxica; os contos de taberna, o viño e o cigarro, forman parte da nosa idiosincrasia cultural. Os gobernos, sen embargo, están a anos luz do sentir da xente e dificilmente poderían ter nada que ver coa cultura, senón todo o contrario.

Ti es dos que pensa que deus non xoga aos dados ou máis ben dos que cren que ten vicio polo bingo?

Os deuses son un invento dos humanos; unha creación tabernaria máis, feita á imaxe e semellanza dos homes. Polo tanto é factible supoñer que sexan viciosos, xogantíns e caprichosos. Non obstante considero que, a estas alturas, os deuses perderon case que todo o crédito que puideran ter nas tabernas e, por elo, paréceme difícil que encontren puntos dispostos a compartir mesa con eles.

Na túa novela parece que os protagonistas se xogan todo no arrastro. O destino xoga con cartas marcadas ou depende da baza que che toque?

O destino, para min, é outro invento directamente relacionado coa relixión. Creo que o desenvolvemento da vida de cada quen, depende máis ben das cartas que che toquen, da habilidade que teñas para xogalas e das trampas que sexas capaz de facer sen que te collan nos renuncios.

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: